RADIO.- Campañas publicitarias: entre as historias do Sorteo de Nadal e o regreso do 'calvo da Lotería' con bigote

Pontevedra
20 de decembro 2019

A portas das festas do Nadal, PontevedraViva Radio volve convidar a profesionais da publicidade e o márketing para falar sobre as campañas publicitarias de Nadal que máis destacan este ano, ou as que máis lles están gustando

Falamos sobre as campañas publicitarias deste Nadal nas Conversas na Ferrería Cristina Saiz

Se entre as campañas publicitarias do Nadal do ano pasado, aquilo de "temos que vernos máis" foi o claim máis exitoso; un ano despois a insistencia e o xiro que Ruavieja deu á súa campaña publicitaria para estas datas, quedou diluída. Convidamos a varios profesionais da publicidade e o márketing de Pontevedra para charlar sobre as mesmas.

Esther Bailón, socia de Era Comunicación, Berta Nogueira, xerente de Abcomunicacións; Alberto Garnil, director de Iconweb e Noemi de Miguel, socia de Sra Nona, coinciden en que este 2019 non hai unha marca, dúas ou tres, que destaquen e se viralicen sobre o resto; tal e como ocorreu en 2018. Tamén coinciden na charla que mantemos nas Conversas na Ferrería é que o obxectivo para estas datas é conseguir "quen emociona máis".

Loterías do Estado para o seu Sorteo Especial de Nadal é a campaña que os catro convidados de PontevedraViva Radio apuntan como a que máis lles gustou; e concordan con outras marcas como Pescanova, que recuperou ao mítico 'calvo da Lotería' con bigote; ou a proposta que presentou Apple, aínda que desmenuzan moitas máis.

Campañas en liña e off line; anuncios de longa ou curta duración; publicidades que veñen acompañadas de propostas para vivir experiencias reais... son cuestións que poñen os invitados sobre a mesa para este programa previo á entrada no Nadal.