RADIO.- Cara a cara: 12M Día Internacional dos Tuiteros

Pontevedra
14 de marzo 2019

En PontevedraViva Radio falamos co profesor da Facultades de Ciencias Sociais e da Comunicación, Alberto Dafonte, de Twitter a quinta rede social máis usada en España

Alberto Dafonte, vicedecano na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación no Cara a cara
Alberto Dafonte, vicedecano na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación no Cara a cara / Mónica Patxot

Acaba de pasar no calendario o 12M e un tanto diluido o Día Internacional do Twitero. Falamos no Cara a cara desta rede social, a quinta en número de usuarios en España. Charlamos con Alberto Dafonte, profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación e coordinador do máster de Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais.

Chequeamos cal é o perfil do usuario de Twitter, os cambios, adaptacións, restricións que foi experimentando e incorporando esta rede social. Como técnico na materia, Alberto Daforte, achega cales son as súas recomendacións sobre o uso e actividade adecuadas.

A conversación que mantemos en PontevedraViva Radio tamén entra na alfabetización dixital, as faltas identidades, os perfís con éxito, a presenza corporativa, a acción e presenza de 'bots', 'fake news' ou os datos persoais que cedemos, con ou sen coñecemento, coa nosa actividade nas redes sociais.