RADIO.- Cara a cara con Ethan Wolf: Ser ou non ser (diferente), esa é a cuestión

Pontevedra
13 de febreiro 2020

Ten dezasete anos e desde os sete colecciona e customiza bonecas. Estes días Ethan é 'top' entre os medios de comunicación por esa afección e no centro no que cursa 4º de ESO pola repercusión que está a ter.  PontevedraViva Radio charla da súa vocación polo deseño, de bulling e de convivencia coa diabetes

Ethan xunto as súas bonecas customizadas
Ethan xunto as súas bonecas customizadas / Cristina Saiz

Ethan Carballo, ten dezasete anos, é pontevedrés e nos últimos días está desbordado. As chamadas de medios de comunicación interesados pola súa afección son contínuas. Desde os sete anos dedícase a comprar bonecas que resideña, ou customiza que soa máis  'fashion' e van aumentando a súa amplísima colección.

Esta fugaz popularidade está a valerlle para aumentar considerablemente seguidores nas súas redes sociais, popularidade no centro onde cursa 4º de ESO, e o que debería ser o máis importante: crer en si mesmo. Esta dedicación por coleccionar bonecas e recompoñelas co seu propio peiteado, a súa propia maquillaxe e o seu propio vestiario, a mostra tamén nas súas redes sociais de Facebook, Instagram ou a canle de Youtube. En todas elas é Ethan Wolf.

En PontevedraViva Radio coñecemos a este Ethan Wolf creativo, con ganas de estudar deseño a partir do próximo curso. Tamén a Ethan Carballo, un rapaz que por ter afeccións diferentes á maioría sufriu serios capítulos de bullying. A un mozo, que convive coa diabetes desde os catro anos e que tamén, como conta no Cara a cara, foi outro plus á súa diferenza.