RADIO.- Cara a cara cun verdadeiro musulmán

Pontevedra
31 de agosto 2017

"Un verdadeiro musulmán non pode matar". É a frase que en varias ocasións repite Mohamed Bah en PontevedraViva Radio. El é o presidente da comunidade musulmá en Pontevedra que aglutina a uns tres mil residentes nesta capital e a súa contorna. Non te deixes levar polos prexuízos e escóitao

Mohamed Bah, presidente da comunidade musulmá en Pontevedra. Cristina Saiz

Mohamed Bah deixou Marrocos en 2008 e asentouse en Salamanca. Tras unha etapa en Francia veu a Pontevedra en 2013 para formar un proxecto de vida xunto á que hoxe é a súa muller. Abriu unha carnicería que atendese a demanda do rito musulmán.

E precísamente, ao ser unha referencia desta poboación, elixíuselle como presidente da comunidade musulmá en Pontevedra e a súa comarca. Actualmente son unhas tres mil  persoas, procedentes de países dos continentes africano, asiático e europeo.

O pobo musulmán é o primeiro que sofre as consecuencias dese terrorismo que cambiou a orde mundial desde o 11 de setembro de 2001. Terrorismo islámico, terrorismo yihadista... termos que nos fixeron acuñar sen pararse a saber o preciso, certo ou intencionado dos termos.

Hai unha frase que Mohamed Bah repite en varias ocasións durante este Cara a cara de PontevedraViva Radio: "un verdadeiro musulmán non pode matar".

E pese que os autores de tanto masacre alcen o nome de Alá antes da súa inmolación ou os seus crimes, e por tanto ataquen á mesma doutrina á que invocan, Mohamed pide perdón por eles. Cantos cristiáns escoitaches pedir perdón polos crimes cometidos en nome da súa relixión?

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora