RADIO.- Coidado co que te dis porque podes estar condicionándote ou limitándote

Pontevedra
30 de xaneiro 2023

No podcast mensual de psicoloxía e sexología 'A min tamén me pasa' de PontevedraViva Radio falamos de que son e a que conlevan os sesgos cognitivos

No podcast de PontevedraViva Radio 'A min tamén me pasa' falamos de sesgos cognitivos
No podcast de PontevedraViva Radio 'A min tamén me pasa' falamos de sesgos cognitivos / Pixabay/Robin Higgins

Cantas ocasións dixeches frases como: "non atopo traballo porque son un desastre", "seguro que Fulanito pensa que eu...", "ou saco un dez no exame ou son unha fracasada", "e se non podo facelo?",...?. Entón é que caíches nos sesgos cognitivos e deles falamos no podcast 'A min tamén me pasa'. 

Os sesgos cognitivos son pensamentos que condicionan o comportamento cos demais e cun mesmo. Normalmente ponse a atención en parte da realidade e as conclusións están condicionadas polo estado de ánimo ou un temor en lugar de feitos. O psicólogo e sexólogo, Carlos Márquez Barros, explícanos como identificalos.

Hai unha extensa tipificación de sesgos cognitivos, así que neste capítulo quedamos cunha parte para desenvolver a restante no seguinte podcast (o último domingo de cada mes). Propoñemos ademais, que a medida que Carlos Márquez vai explicando que nos dicimos en cada un deses sesgos, tomes nota de cantos dis.

Podes oir este programa de PontevedraViva Radio na ligazón que se adxunta, ou descargalo para escoitalo cando prefiras