RADIO.- Conversas na Ferrería: Menores 'adictos' ao móbil

Pontevedra
28 de setembro 2018

Tes teléfono móbil? Os teus fillos teñen móbil? Son menores de idade?, Sabes cantas horas ao día o utilizan? Sabes para que? Se polo menos respondeches un si, estas Conversas na Ferrería de PontevedraViva Radio interésante

Ana Couto, Francisco Freire e Patricia González nas Conversas na Ferrería
Ana Couto, Francisco Freire e Patricia González nas Conversas na Ferrería / Mónica Patxot

Os teléfonos móbiles cambiaron as nosas vidas e chegaron para quedar. Para unhas xeracións foi e é unha ferramenta complexa, para outras unha ferramenta fundamental no día a día e para a de menos idade, algo case inherente a eles. Ter ao alcance da man e a calquera momento as aplicacións e posibilidades que ofrece internet tamén supuxo que haxa menores que abusen dos móbiles e fálese de 'adicción'. 

Chequeamos esta cuestión nas Conversas na Ferrería con Ana Couto, pedagoga, coach educativo e de familia, con especialidade en intelixencia emocional e facilitadora de disciplina positiva; con Patricia González que é antropóloga social e técnica do Plan Municipal de Prevención de Condutas Adictivas; e con Francisco Freire que é filólogo e vogal da Federación de Asociacións de Pais de Alumnos.

Ademais todos eles teñen en común a experiencia como pais. 

Durante a charla en PontevedraViva Radio fálase das idades en que os menores xa adoitan dispoñer de móbiles; que necesidades teñen na infancia ou adolescencia para dispoñer destes teléfonos; que uso danlles; que sinais indican que o menor está a abusar do móbil; ou que control fan os adultos.

De igual forma opinan sobre a idoneidade ou non de prohibir os teléfonos móbiles nos centros educativos e infórmase da atención que se pode recibir en Pontevedra en caso de detectarse unha 'adicción' ao móbil.