RADIO.- Conversas na Ferrería: Que facer despois do 8M?

Pontevedra
16 de marzo 2018

A resposta social que tivo na rúa o pasado 8 de marzo puxo un punto de inflexión na acción do feminismo. Expomos en PontevedraViva Radio que hai que facer a partir de agora para alcanzar o devandito progreso da sociedade

 Conversas na Ferrería de PontevedraViva Radio
Conversas na Ferrería de PontevedraViva Radio / Mónica Patxot

"Hai un antes e un despois do 8 de marzo de 2018", "será un día que quede para a historia", "foi un día ilusionante e sorprendente"... estas son algunhas das frases con que os invitados de PontevedraViva Radio definen a pasada xornada do Día Internacional da Muller.

Tras as multitudinarias mobilizacións celebradas, o feminismo ten outro reto por diante: que hai que seguir facendo agora?.

Con esa premisa sentamos a Carmen Cajide, presidenta da Rede Galega pola Igualdade; Susana Rodiño, vicepresidenta do Colectivo Feminista de Pontevedra; Alba Tomé, vogal do colectivo feminista O sonho de Lilith; Xabier Pérez, economista, escritor e profesor xubilado; e o xornalista e especialista en xerontoloxía, Víctor Sariego.

"Agora hai que dicir aos gobernos que teñen que dar resposta a esta demanda social" sinala Carmen Cajide. Xabier Pérez engade a necesidade de "socializar e sacar fose do fogar algúns traballos" cuxa execución segue recaendo na súa maioría nas mulleres. Traballar no ámbito educativo, alcanzar a corresponsabilidade, ... en definitiva "a aplicación do feminismo en todos os ámbitos" como apunta Víctor Sariego.

Múltiples e interesantes reflexións e propostas que podes escoitar neste faladoiro das Conversas na Ferrería.