RADIO.- "Dale la vuelta" á sexualidade despois dos 50

Pontevedra
24 de xaneiro 2018

Ser sexualmente activ@ durante toda a vida non é excepcional, senón máis habitual do que os tópicos e tabús poden levar a pensar. Falamos no Dale la vuelta de PontevedraViva Radio sobre sexualidade despois dos 50

Dale la vuelta en PontevedraViva Radio Mónica Patxot

As emocións non envellecen, así que por que ocultar ou deixar de falar con naturalidade sobre o sexo despois dos 50 anos?. É a cuestión que para este programa de PontevedraViva Radio expón María González.

Bioloxicamente, hai un ciclo hormonal que repercute tanto en homes como mulleres; pero que "non fai desaparecer o desexo sexual". De feito mantense en "unha porcentaxe maior do que se cre", comenta a formadora en benestar de Dale la vuelta.

Outro factor que tamén incide nesta cuestión é o progresivo cambio de pensamento: "non só che has de namorar unha vez na vida, ou ter unha única relación". En resumo: "renunciar ao sexo por cuestión de idade non é beneficioso".

María González fai referencia a testemuños recolleitos no ámbito asistencial: "onde se atopan casos que prefiren evitar tomar determinada medicación que pode afectar á súa vida sexual"; ao ámbito farmacolóxico que conta coa demandada Viagra para a poboación masculina, non así por agora para a feminina "aínda que seguro que se se lograse un fármaco para a líbido feminina tería un gran nicho de mercado".

E engade recomendacións bibliográficas e do cinema que recollen esta temática.