RADIO.- Dale la vuelta axúdate a cumprir os teus propósitos de ano novo

Pontevedra
10 de xaneiro 2018

Acabouse aquilo de facer propósitos que nunca se materializan. Neste primeiro Dale la vuelta de 2018, en PontevedraViva Radio, María González axúdate cunhas sinxelas pautas a detallar e planificar eses obxectivos a fin de que sexan consecucións.

María González no programa Dale la vuelta de PontevedraViva Radio
María González no programa Dale la vuelta de PontevedraViva Radio / Mónica Patxot

Para evitar que eses propósitos de ano novo caian na rutina de converterse en intencións sen cumprir, comezamos o primeiro Dale la vuelta de 2018 cun programa dedicado a como levar a cabo eses desexos.

María González dános nesta ocasión unhas sinxelas pautas para materializar eses obxectivos. Primeiro e fundamental: "parar a escoitarte para obter o que desexas". Seguidamente ensínanos a "axendar" eses obxectivos que han de ser claros, sinxelos e concretos.

A partir de aquí, pauta tres bloques de obxectivos, coas súas respectivas opciones. Ademais de seguir ese primeiro paso de escoitarte, o seguinte que se necesita é algo con que e onde escribir - se optas polo método tradicional -, ou unha pantalla e un teclado - se prefires método dixital - a fin de que quede perfectamente plasmado todo aquilo que queremos conseguir.

Agora só che falta escoitar este Dale la vuelta de PontevedraViva Radio.