RADIO.- Dale la vuelta: Como valoras a túa intelixencia?

Pontevedra
11 de outubro 2017

"Que intelixente é!", cantas veces dixemos ou escoitamos esta frase. Con todo, que se valora ao dicilo?. Teóricos na materia contabilizaron ata oito intelixencias nos seres humanos. Todas son habilidades innatas. Interesante verdade?, diso falamos no Dale la vuelta de PontevedraViva Radio

María González no programa Dale la vuelta de PontevedraViva Radio
María González no programa Dale la vuelta de PontevedraViva Radio / Mónica Patxot

Todas as persoas nacen cunhas habilidades innatas. Unhas habilidades interrelacionadas que algúns teóricos definen como intelixencias múltiples.  Estas intelixencias ou capacidades pódense mellorar cun proceso educativo adecuado e tamén de aprendizaxe e exercicio vital.

Segundo a teoría do psicólogo Howard Gardner contabilízanse ata oito: a intelixencia lóxico - matemática, a intelixencia lingüístico - verbal, a musical, espacial, corporal, interpersoal, intrapersonal e a intelixencia naturalista.

María González explícao neste Dale la vuelta de PontevedraViva Radio cun exemplo: "é coma se cada un tivésemos dentro de nós oito ordenadores que procesan as súas respectivas informacións, pero que están interrelacionados nunha mesma rede".

Todas son necesarias e axúdannos en diferentes áreas a xestionar as nosas vidas. Desenvolvelas en óptimo grao está vinculado coa Educación, "cunha educación onde o que se valore non sexa a competición - 'quen é o máis...' senón na colaboración. E tampouco no uso exclusivo da memorización".

Na actualidade, hai experiencias que aplican estas fórmulas como o caso de David Calle e a web Unicoos. Se tras escoitar o programa queres expor algunha dúbida ou pregunta a María González, podes facelo escribindo a [email protected]