RADIO.- Dale la vuelta propón gozar do Nadal

Pontevedra
28 de decembro 2016

PontevedraViva Radio imprégnase de espírito do Nadal neste Dale la vuelta. Non fai falta moito para sacar o mellor destas datas, para empezar disposición positiva.

María González en PontevedraViva Radio
María González en PontevedraViva Radio / Mónica Patxot

As festas do Nadal non son como as lentellas: cómelas ou as deixas. Hai que pasalas si ou si. E postos nesta tesitura, por que non lle poñemos disposición positiva e ilusión?

María González, expón neste Dale la vuelta de PontevedraViva Radio gozar do Nadal. Cambiar algúns "chips" negativos sobre reunións familiares ou compromisos múltiples que se suceden estes días. As receitas son sinxelas e levan a satisfactorios resultados.

Ademais, a nosa "formadora en benestar" explica algunha idea enxeñosa para gozar destas sinaladas veladas, sen esquecer tampouco unha recomendación: un libro de introspección.