RADIO.- Deixa de procrastinar e pasa á toma de decisións

Pontevedra
22 de febreiro 2017

Dale la vuelta segue ofrecendo pautas para conseguir o propósito de vivir instalados no benestar. Esta semana en PontevedraViva Radio, María González explica como facelo coa toma de decisións.

María González, formadora en benestar
María González, formadora en benestar / Mónica Patxot

A vida é o resultado da toma de decisións, pequenas ou importantes, excepcionais ou habituais. Non se toma unha decisión ata que se comeza a executar o decidido.

Desta forma comeza esta semana María González o Dale la vuelta de PontevedraViva Radio. Outro paso máis, para instalarnos nese obxectivo de vivir no benestar.

Hai que poñerse obxectivos, centrarse no que se quere, non precipitarse pero tampouco procrastinar; é dicir postergar esas decisións que pode provocar apartarnos dese benestar pretendido. E unha vez que se decidiu, pódese caer no erro, e pódese corrixir o rumbo. Ademais destas explicacións, e pautas, María González recomenda bibliografía ou vídeos onde ilustrarse.

Ademais, as dúbidas ou preguntas pódense remitir a [email protected]