Chega o pop español da década dos 60 a 'El club de la esquina'. Outro dos monográficos que trae Tino Domínguez para o programa desta semana en PontevedraViva Radio.
Los Bravos con 'La parada del autobús' e o mítico 'Black is black'. Igualmente coñecido o 'Get on your knees' de Los Canarios, dos que tamén inclúe o 'Free yourself'. Los Módulos con 'Luz errante' e 'Nada me importa'. Aquela mocidade bailou tamén coas cancións de Micky y Los Tonys, como 'El problema de mis pelos' ou a versión 'Sospecha'. Versións que igualmente fixeran Los Ángeles con '98.6'.
A esta selección que fai o músico e xornalista pontevedrés hai que incluír a Los Uracanes, Los Brincos e Los Pasos, dos que extrae 'Te quiero porque te quiero' 'Los tiempos felices' e 'Ayer tuve un sueño'.