RADIO.- "Esta pandemia reafirma valores e comportamentos que poñen á familia, como institución, nun primeiro plano"

Pontevedra
16 de xuño 2020

PontevedraViva Radio conta neste capítulo de Mentres isto dure co sociólogo Xesús Lage para fañar dos cambios que a pandemia da COVID19 imprime á sociedade

Xesús Lage, profesor de Socioloxía na FCSC do Campus de Pontevedra
Xesús Lage, profesor de Socioloxía na FCSC do Campus de Pontevedra /

Que esta pandemia xerada pola COVID19 dea lugar a unha sociedade con cambios definitivos é impensable. Con este punto de partida mantemos unha charla con Xesús Lage, profesor de Socioloxía na Facultade de Ciencias Sociais e Comunicación do Campus do Pontevedra para esta segunda entrega de Mentres isto dure.

Abordamos cuestións como o medo, o risco e a incertidumbe na sociedade actual; do reforzamento ou debilidade da cohesión social, do futuro da sociedade globalizada, ou das formas de socializar, "esta pandemia reafirma valores e comportamentos que poñen á familia, como institución, nun primeiro plano" sinala Lage, considerando que cuestións como a dependencia ou a conciliación evidencian a necesidade dunha revisión social.

Tamén nas relacións sociais inciden o teletraballo e na formación educativa non presencial, serán definitivos ou non?, "a docencia física é insustituíble, a todos os niveis", asevera. Preguntamos igualmente polo uso e papel das redes sociais como ferramentas de socialización, a permeabilidade da crispación política na sociedade, ou a repercusión internacional de protestas pola morte en Estados Unidos de George Floyd.

Explica este sociólogo en PontevedraViva Radio que "as ganas de saír e esquecer isto tamén se reforzan enormemente, pero hai que manter o sentidiño mentres non apareza unha vacina e que esa vacina chegue a toda a poboación, non imos poder pasar páxina. E unha cousa é o aspecto sanitario e outra o económico que aínda temos que sufrilos".