RADIO.- Milladoiro estrea tema na Rumboia para conmemorar o Día das Letras Galegas

Pontevedra
17 de maio 2018

Case unha vintena de solistas e grupos  folkclóricos galegos "desfilarán" por PontevedraViva Radio durante este 17 de maio para festexar o Día das Letras  Galegas. Entre eles, Milladoiro, que estrea un tema inédito do seu próximo traballo

Concierto de Milladoiro Milladoiro

A Asociación de Gaiteir@s Galegos recompilou ata dezanove solistas e grupos da música folkclórica galega para conmemorar este 17 de maio, Día das Letras Galegas. Unha recompilación que durante este 17 de maio poderase escoitar en sucesivas "doses" de Rumboia en PontevedraViva Radio.

Cada un deles achegan un saúdo e unha das súas pezas nesta sinalada data: Abertal, Airiños da Freba, Fuxan os Ventos, Leilía, Milesios, Os Minhotos, Os Terribles de Donas, Pepe Vaamonde, Raiceira, Rodrigo Romaní, Susana Seivane, Suso Vaamonde, TradiSón, Treixadura, Tres Pesos, Xabier Díaz, Xistra de Coruxo, Zoelas e Milladoiro.

Neste último caso, o grupo quixo estrear nas Letras Galegas un tema inédito, "Terranova", que estará no seu próximo disco.