RADIO.- "Non entendo como as mozas actualmente poden aguantar que alguén as controle ou as maltrate"

Pontevedra
09 de marzo 2017

O Cara a cara de PontevedraViva Radio mira como o resto de programas ao 8M. Rosa Gago Noya é a muller que este 2017 recibiu a homenaxe do sindicato UXT nas comarcas de Pontevedra e Arousa. Recoñecemento á súa traxectoria reivindicativa pola igualdade laboral e de dereitos entre mulleres e homes.

Rosa Gago Noya no Cara a cara de PontevedraViva Radio
Rosa Gago Noya no Cara a cara de PontevedraViva Radio / PontevedraViva

O Cara a cara de PontevedraViva Radio mira como o resto de programas ao 8M. Rosa Gago Noya é a muller que este 2017 recibiu a homenaxe do sindicato UXT nas comarcas de Pontevedra e Arousa. Recoñecemento á súa traxectoria reivindicativa pola igualdade laboral e de dereitos entre mulleres e homes.

Esta arousá comezou a traballar con 15 anos, e foi como nos lembra no Cara a cara de PontevedraViva Radio nunha pastelería-cafetería. Logo, con 18 anos e ata a súa prexubilación en 2011 dedicouse á fabricación de latas de conserva na súa Vilagarcía natal, en Megasa. Naquel ano o cambio de propietarios levou a unha reestruturación do persoal, e Rosa no comité de empresa, tivo que pasar os momentos máis amargos e complicados da súa traxectoria sindical.

Moveuse nun sector eminentemente feminino; non así nos seus inicios sindicais, onde a presenza feminina era ínfima nos comezos da etapa democrática. Visto o paso das décadas, Rosa Gago considera que a situación laboral das mulleres deu pasos atrás, sen esquecer que a crise pasou o filo a todos. "Antes preguntábanche, queres traballar un sábado ou un domingo? e se querías traballábalo, e se non, non. Agora nin che preguntan, nin te atreves a dicir que non".

Pertencente a unha xeración á que, por ser muller, presupoñíaselle ter un marido e fillos, Rosa nunca se sentiu obrigada a iso. De feito, cóntanos que ten parella "desde case os 50 anos", pero "nada de papeis por medio".

Non atopa unha explicación ante a permisividade dos mozos e adolescentes actuais a que exerzan control e se deixe controlar polas súas parellas e cualifica de intolerable as cifras de vítimas de violencia machista que xa se acumulan este ano.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora