RADIO.- Non pasaron a audición, pero estas xemelgas de Pontevedra gañáronse ao xurado de La Voz Kids

Pontevedra
12 de maio 2024

Estas irmás xemelgas participaron na edición da Voz Kids que Antena 3 está a emitir os sábados. Ningún dos catro coaches virouse na audición a cegas; pero nun xiro de guión das pontevedresas, conquistáronos. Revivimos o programa con Lucía e Carolina en PontevedraViva Radio

Carolina e Lucía Piñeiro Delgado en PontevedraViva Radio
Carolina e Lucía Piñeiro Delgado en PontevedraViva Radio / PontevedraViva

Carolina e Lucía Piñeiro Delgado son irmás xemelgas. Teñen catorce anos e son de Pontevedra. Hai un par de semanas apareceron nas pantallas dos televisores como participantes do concurso La Voz Kids.

No podcast 'Cara a cara' revivimos con elas o programa ao que acudiron, crían, como dúas espectadoras máis do público xunto aos seus pais, Patricia e Simón, o seu irmán Mario e a súa prima Raquel, a que deu o primeiro paso para esta aventura televisiva.

Atrevéronse cun xénero que non é o que máis se prodiga entre os pequenos concursantes, a canción popular 'Tres hojitas madre'. Tras a súa interpretación a dúas voces, ningún dos catro coaches virou o seu asento.

Rosario encomiou a súa afinación e Lola Índigo preguntoulles polo tema escollido. Animáronas a volver noutra ocasión, pero aínda quedaba o mellor. A Flores pedíralles para a próxima "algo que nos mova máis o corazón" e non esperaron as pontevedresas.

Lucía preguntou se podían cantar 'Xardín con enanitos' con Melendi, o seu coach favorito. E a partir de aquí, tocáronlles a fibra sensible a todos, ao primeiro ao artista asturiano.

Desta non se deron a volta na audición a cegas, pero quizá haxa unha segunda ocasión. O que é indubidable e evidencian durante a charla que compartimos con elas é que foi "unha experiencia que vivimos xuntas que non imos esquecer". 

O podcast completo pódese escoitar e descargar na web de PontevedraViva Radio e tamén se pode escoitar desde a ligazón que se adxunta.