RADIO.- "Nos últimos dez anos constátase un progresivo aumento de problemas de costas dos escolares"

Pontevedra
31 de outubro 2019

Nos últimos dez anos constátase un progresivo aumento dos problemas de costas entre escolares. Por que?, estás a un click de sabelo en PontevedraViva Radio xunto ao profesor da Facultade de Ciencias da Actividade Física e do Deporte, Iván Prieto Lage

Iván Prieto Lage, profesor da Facultad de Ciencias da Actividade Física e do Deporte de Pontevedra Cristina Saiz

Nos últimos dez anos cada vez son maiores os problemas de costas entre os escolares. É unha circunstancia evidenciada no Complexo Hospitalario de Pontevedra e que expuxo Manuel Fraiz, responsable da Unidade de Raquis (columna vertebral) a Iván Prieto Lage, profesor da Facultade de Ciencias da Actividade Física e do Deporte de Pontevedra, con quen falamos neste Cara a cara.

Ambos profesionais contactaron a raíz do proxecto que desenvolve a entidade académica sobre 'Elección do mobiliario axeitado no Ensino'. O CEIP A Laxe de Marín foi o centro de referencia para o traballo de campo medindo este mobiliario e así como outras variables de alturas dos nenos. "Todo o mobiliario é demasiado grande; o que teñen os alumnos de Primeiro e Segundo debería ser a partir de Cuarto, e o destes para Instituto; ademais non hai tallas de cadeiras e mesas para os máis pequenos", conclúe Iván Prieto, engadindo que probablemente os alumnos de Infantil, tampouco teñan mobiliario adecuado.

Unha vez que se corrixiu a circunstancia no centro marinense, en Pontevedra o Instituto da Xunqueira I ofreceuse a facer unha intervención similar para obter un diagnóstico en Secundaria. O proxecto da Universidade ten continuidade, comenta en PontevedraViva Radio e preténdese facilitar aos centros educativos - cunha posible colaboración da Xunta -, unhas pautas e un padrón que empregando cores pode servir de referencia para saber se os estudantes están sentados nunha cadeira e mesa adecuadas.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora