RADIO.- O seu país privouna dun futuro e agora Vicenza reconstrúese en Pontevedra

Pontevedra
14 de decembro 2021

 "Ser emigrante dáche unha etiqueta onde queira que vaias. Nunca deberiamos xulgar". Son palabras de Vicenza, protagonista do 'Cara a cara' de PontevedraViva Radio. Despois de escoitar o podcast, é posible que caian prexuízos e estereotipos

Vicenza Rincón Peralta cos seus pans e colares artesáns en PontevedraViva Radio
Vicenza Rincón Peralta cos seus pans e colares artesáns en PontevedraViva Radio / Mónica Patxot

Vicenza Rincón Peralta saíu de Venezuela hai tres anos. Recalou en Pontevedra "cunha maleta cargada de ilusións e moitos soños por cumprir". Lémbranos perfectamente o día e o mes en PontevedraViva Radio. Non había ningún vínculo familiar para elixir este destino; unicamente un librito de postais da capital compostelá que alguén próximo regaloulle sendo nena. Ante ao apóstolo Santiago deu por cumprida unha promesa.

Neste tempo que leva na capital conseguiu abrir un establecemento onde vende o pan e repostería que elabora de forma absolutamente artesanal. Cando di artesanal refírese a que "non hai ningún tipo de conservantes e tampouco uso ningún tipo de maquinaria". Esta actividade compaxínaa con outra actividade artesanal: deseña colgates inspirados na cultura wayúu.

A experiencia de Vicenza ben pode ser a experiencia de tantos e tantos emigrantes que abandonan o seu país en busca dun futuro máis próspero. "Ser emigrante dáche unha etiqueta onde queira que vaias. Nunca deberiamos xulgar. Venezuela acolleu a emigrantes de distintos países, sempre se lles tendeu a man, porque non había bandeiras, todos eramos irmáns" di esta politóloga de Santa Rita, estado de Zulia e cuxa capital é Maracaibo.

A partir de aquí, escoitar este podcast do 'Cara a cara' pode facer caer estereotipos e prexuízos. Quixo dedicarse á política e fíxoo. Dita actividade pública levoulle a coñecer a artesanía wayúu e comezou a deseñar con éxito. Mujeres mediáticas de Venezuela levaban as súas creacións. Tivo que renunciar a ambas as actividades,  por conciencia, dunha parte e por outra consecuencia do control gobernamental que facía inviable exportar os seus traballos.