RADIO.- Ollo! Martinetes máxicos sobrevoan Pontevedra, conservade as súas plumas se as encontrades

Pontevedra
03 de xullo 2017

Foron avistados pola cidade de Pontevedra uns martinetes voadores máxicos. As áreas onde se puideron ver estes paxaros son a Praza do Teucro, a Alameda, os Xardíns de Vicenti, a Praza da Estrela, a Praza da Ferrería, a Praza da Verdura, a Praza da Peregrina, a Praza de Barcelos e a rúa Padre Isla

Laura Carvalho, ornitóloga que busca os martinetes máxicos
Laura Carvalho, ornitóloga que busca os martinetes máxicos / Mónica Patxot

Hoxe temos un programa moi especial en PontevedraViva Radio. Imos deixar a un lado a programación habitual. E todo porque nesta ocasión temos que dar unha alerta a todos os cidadáns.

Foron avistados pola cidade de Pontevedra uns martinetes voadores máxicos.

As áreas onde se puideron ver estes paxaros son a Praza do Teucro, a Alameda, os Xardíns de Vicenti, a Praza da Estrela, a Praza da Ferrería, a Praza da Verdura, a Praza da Peregrina, a Praza de Barcelos e a rúa Padre Isla.

Falamos coa ornitóloga Laura Carvalho, que recomenda á poboación que conserve estas plumas pois aínda se descoñecen as súas propiedades.