RADIO.- Os boomer de PontevedraViva Radio póñense en modo viaxeiros polo mundo

Pontevedra
10 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

Marcial Outeda e Jesús Fontanes traen outra edición de 'Boomer o último' con máis humor e moitas viaxes. Xa dispoñible para escoitar e descargar en PontevedraViva Radio

Jesús Fontantes máis Marcial Outeda fan 'Boomer o último'
Jesús Fontantes máis Marcial Outeda fan 'Boomer o último' / PontevedraViva

Viaxas e síntesche como Willy Fog?, ou máis ben invádeche unha sensación de ser un Paco Martínez Soria na gran cidade?, para empezar, se sabes de quen están falando é que xa tes algo en común con Marcial Outeda e Jesús Fontanes, es boomer.

Hoteis estraños, tranvías que che atrapan, multas por estacionamento indebido, rexistros aeroportuarios, dificultades co idioma foráneo, vestimentas que xeran dúbidas... atoparás nesta edición unha viaxe polas aventuras e desventuras dos condutores deste podcast.

Os máis boomer de PontevedraViva Radio traen un contido internacional e plurilingüe cargados coas súas maletas e co Google Maps activado, iso si, sen deixarse de principio a fin de programa o seu habitual e particular retranca. Se non es de viaxar, eles tamén teñen destinos alternativos, porque como din Jesús e Marcial "non fai falta saír de Galicia para viaxar a Ohio", que non o pillas? entón escoita o programa.

'Boomer o último' pódese escoitar desde a ligazón que se adxunta e tamén está dispoñible na web de PontevedraViva Radio para descargar e escoitar cando prefiras.