RADIO.- Podcans aborda o coidado da saúde e a hixiene das mascotas

Pontevedra
14 de xaneiro 2019

A este  podcast de PontevedraViva Radio súmase unha profesional veterinaria para achegar unha serie de pautas e recomendacións importantes no coidado das mascotas

Candela é unha cadela que precisa adopción ou acollida
Candela é unha cadela que precisa adopción ou acollida

O educador canino, Diego Álvarez acompáñase para este programa de Podcans dunha auxiliar veterinaria, Xisela Sánchez, para dar varias recomendacións e pautas no coidado da saúde e a hixiene das mascotas; xa que o profesional veterinario é "a primeira referencia do propietario dun animal", ou polo menos, así debería ser.

O primeiro dos aspectos en que se deteñen é a prevención e a prevención fronte a patoloxías. Do mesmo xeito que nas persoas, son importantes as revisións periódicas. "Se facemos un recoñecemento anual podemos detectar enfermidades en cernes e atacalas para atrasar o seu avance", recomenda Xisela. De igual forma, achega varias recomendacións sobre o como, cando e onde desparasitar, tanto externa como internamente.

Neste podcast de PontevedraViva Radio tamén se fala das vacinas e algunha rechamante excepcionalidade que se produce na Comunidade Autónoma galega. Aproveitando a presenza desta profesional veterinaria, tamén responde o grao de cumprimento do chipeado de animais en Pontevedra. Completando o programa, a imaxe que o acompaña é a de 'Candela' unha femia que se atopa acollida na Protectora de Os Palleiros de Pontevedra e precisa acollida ou adopción. Ten unha idade aproximada de oito anos e a pesar de que lle falta un ollo, leva unha vida normalizada. Aínda que a socialización con outros cans é regular, con persoas é boa. Quen estea interesados poden chamar ao 657023831.