RADIO.- 'Podcans' fala da tiroides: esa pequena glándula fundamental orgánica e conductualmente

Pontevedra
21 de febreiro 2022

PontevedraViva Radio retoma na súa programación en streaming e podcast o dedicado á educación dos cans. Xunto ao educador canino Diego Álvarez, xa tes novos episodios de 'Podcans'

Diego Álvarez trae como imaxe dste programa de 'Podcans' a Loira
Diego Álvarez trae como imaxe dste programa de 'Podcans' a Loira

Xa se poden escoitar os novos capítulos de 'Podcans' xunto ao educador canino Diego Álvarez. Para a volta destes programas, o tema escollido é a importancia da glándula tiroides. Unha glándula endocrina situada no pescozo e que é fundamental na práctica totalidade das funcións básicas do organismo.

Dada a importancia que ten, Diego Álvarez lembra unha vez máis a recomendación do uso do arnés en lugar das correas. Durante o programa de PontevedraViva Radio fala ademais de que supón para estes animais ter unha deficiencia das hormonas tiroideas, tanto a nivel orgánico como conductual e que razas son máis propensas a desenvolver hipotiroidismo.

En cada programa, o educador canino adoita facer unha recomendación bibliográfica que neste caso é 'Converse co seu can' de Stanley Coren. Doutra parte, é posible enviar dúbidas ou temas que resulten de interese ao correo electrónico [email protected]. De feito propostas recibidas serán obxecto do contido de próximos programas.

Habitualmente, a imaxe que acompaña a cada podcast é a dun can que require adopción. Neste caso a imaxe é unha salvedade. Álvarez escolleu a imaxe de Loira, unha cadela de avanzada idade que vive cunha familia e cuxo estado de saúde resentiuse recentemente.