RADIO.- Podcans fala dos beneficios do uso do cannabidiol con cans

Pontevedra
18 de xaneiro 2021

 CBD corresponde ás siglas de cannabidiol, o principal  cannabinoide que se extrae do cáñano e cuxo uso terapeútico en cans centra o contido de Podcans en  PontevedraViva Radio

'Chuli' está na Canceira de Poio e require adopción
'Chuli' está na Canceira de Poio e require adopción / Canceira de Poio

O educador canino de Podcans, Diego Álvarez, conta nesta ocasión con Edurne Sánchez Alonso, xestora de The Hempy Dog Company para explicar que son e que beneficios reporta o uso dos denominados CBDs ou cannabis terapeútico no coidado de cans.

Como explica, trátase de produtos que se extraen do cáñamo, "son seguros e legais cento por cento. Nada que ver coa marihuana non hai que confundir a extracción duns e outros". O cannabidiol é a base das terapias con cannabis terapeúticos que se poden atopar con diferentes compoñentes e contido.

Son múltiples os usos e beneficios que enumera no programa de PontevedraViva Radio: reforzo xeral da saúde, analxésico, antiinflamatorio, mellora o sistema dixestivo, o sistema inmune, prevén enfermidades dexenerativas, evita náuseas, é anticonvulsivo e tamén suspende os medos que poden ter os cans a tormentas ou fogos artificiais. Ademais, non ten efectos secundarios, engade.

En canto á imaxe escollida para este podcast, Diego Álvarez trae a de 'Chuli' unha cadela que actualmente e tras o falecemento do párroco de Raxó atópase na Canceira de Poio á espera de ser adoptada.