RADIO.- Podcans lembra a historia de Laika, o primeiro ser vivo que orbitou a Terra

Pontevedra
16 de novembro 2020

O educador canino, Diego Álvarez, lembra en PontevedraViva Radio como en novembro de 1957 o programa espacial soviético lanzaba ao espazo a esta cadela a bordo da Sputnik 2

'Tu eres nuestra ayuda' require adopción para Thor
'Tu eres nuestra ayuda' require adopción para Thor

Laika pasou á Historia como o primeiro ser vivo que orbitou a Terra. Ocorreu o 3 de novembro de 1957, cando o programa espacial soviético lanzaba ao espazo a nave Sputnik2. Nesta edición de Podcans, o educador canino Diego Álvarez, pon en modo pausa os seus consellos e lembra este capítulo.

Laika, foi seleccionada entre varios cans vagabundos de Moscova que se recolleron precisamente pola súa resistencia ao fame e frío extremo. As súas características físicas eran as que se consideraron adecuadas para o reducido tamaño da Sputnik. Ademais o feito de que fose moi ladradora foi outra das circunstancias que se considerou idónea naquela selección.

A cadela foi sometida a un estrito adestramento antes de lanzala ao espazo. A verdade sobre o acontecido a partir daquel 3 de novembro, tardaría anos en transcender. E tamén o programa ruso sabía con certeza cal sería o único desenlace daquel voo orbital.

Este programa de PontevedraViva Radio vén acompañado, como é habitual, da imaxe dun animal que se require ser adoptado. Así, a imaxe que se acompaña esta vez é a de Thor, un mestizo de dous anos, de carácter juguetón que socializa ben con outros cans ao igual de que con persoas, menores ou adultos. Está tutelado pola Asociación  'Tú eres nuestra ayuda', coa que se pode contactar a través da ligazón.