RADIO.- Podcans: Que son e como se traballan as distancias de interacción co can

Pontevedra
22 de xuño 2020

Diego Álvarez dedica este programa de PontevedraViva Radio a unha persoa que durante as semanas de confinamento converteuse nunha fiel e activa seguidora de Podcans

Nela é unha cadela de aproximadamente dous anos que pode ser adoptada
Nela é unha cadela de aproximadamente dous anos que pode ser adoptada

O educador canino Diego Álvarez trae para esta edición de Podcans o tema de distancias de interacción co can. Para abordar este capítulo baséase no 'Adestramento cognitivo emocional' de Carlos Alfonso López García e aplicado á interacción entre o can e o seu guía.

Como inicio, fai constar que as distancias de interacción varían dun can a outro, cambian igualmente co proceso de adestramento e dunha situación a outra. Durante o programa explica en que consiste e como se traballan a distancia de atención social, a distancia individual e a distancia crítica.

Non faltan esta vez os apartados dedicados á recomendación dun libro ou vídeo didáctico - e que se detallan no podcast de PontevedraViva Radio - unha frase e a imaxe do can que pode ser adoptado. Neste caso trátase dunha femia chamada Nela - que se atopa no CAAN -, ten aproximadamente dous anos; está esterilizada, e é sociable e cariñosa. Pódese xestionar a adopción a través de Adopcións Galicia, contactando con Montse ou Gussy nos teléfonos 611679986 e 660817079.

E unha mención especial trae o programa esta vez para Charo Sánchez, que durante as semanas de confinamento converteuse nunha fiel seguidora de Podcans. Charo é ademais guía de tres cans: Leo, de nove anos; Lúa de tres anos e Osa de catro meses.