RADIO.- Pontevedra acollerá unha estrea da película biográfica que se está gravando sobre Julián López 'El Juli'

Pontevedra
21 de xuño 2023

As 'Conversas na Ferrería' de PontevedraViva Radio concitan no seu faladoiro a empresa e afeccionados para falar da próxima feira taurina da Peregrina que se presentará o 29 deste mes e na que se acartelará Roca Rey, 'El Juli' e Tomás Rufo nos festexos previstos para o 6 e o 13 de agosto

Representantes da praza de touros e da afección taurina nas 'Conversas na Ferrería'
Representantes da praza de touros e da afección taurina nas 'Conversas na Ferrería' / Mónica Patxot

O próximo 29 deste mes a empresa Lozano Irmáns dará a coñecer os carteis da feira taurina da Peregrina 2023 nun acto que comezará ás 21.00 horas no Liceo Casino. Unha convocatoria na que tamén estarán presentes dous toureiros: un xa retirado dos ruedos, Juan Antonio Ruiz Espartaco e Tomás Rufo. Acompañaralles como moderador o xornalista Vicente Zabala. Nestas semanas preliminares de preparativos, dous dos representantes da casa taurina, Luis Manuel e Pablo Lozano, acompañáronnos en PontevedraViva Radio. Con eles, dous representantes da afección pontevedresa, Raúl Martínez, tesoureiro da Peña Miura e Juan Riveiro, presidente da Coordinadora de Peñas Taurinas.

Unha das novidades para esta edición será a celebración dos dous festexos en dous domingos consecutivos, o 6 e o 13 de agosto. Roca Rey estará o 6 de agosto formando parte da terna. Non faltará Julián López 'El Juli' que este ano celebra o seu 25 aniversario de alternativa: "unha das súas prazas nas que máis a gusto sente, dito por el, é Pontevedra; e nós como apoderados e empresarios tamén temos ilusión en que estea para celebrar este aniversario e resulte como todos esperamos". 

Outro dos nomes para a feira, representado polos Lozano é o toledano Tomás Rufo, unha das revelacións da pasada tempada que tamén debutou no coso de San Roque: "el está a crecer día a día e nosotros con el empuxando para que os seus logros vaian aumentando", comentaba Luisma Lozano. Aínda que falamos de touros, facemos quinielas, así que a estes tres nomes metemos na nosa quiniela a Morante de la Puebla, Sebastián Castella - triunfador de San Isidro - e Alejandro Talavante. O feito de optar por dúas xornadas dominicais responde a "probar, tentar encher a praza os dous días. O ano pasado vimos un repunte importante e queremos ver se abrindo a dúas fins de semana, non divide".

Falamos tamén neste faladoiro da posibilidade de acoller outro tipo de festexos ou eventos vinculados á tauromaquia. Así nas 'Conversas na Ferrería' fraguouse un compromiso por parte dos irmáns Lozano: unha estrea en Pontevedra da película documental que nestes momentos está en fase de rodaxe sobre a biografía de Julián López  'El Juli'. De forma máis inmediata, a Coordinadora Taurina de Pontevedra ten aberto ata este próximo venres 23 o prazo para participar no concurso de carteis para a feira, cuxos premios - tres nesta edición - entregaranse o día 29 no acto público mencionado. Tamén retoman o concurso de fotografía Canito de temática taurina, cuxas bases se publicarán en breve. 

O podcast completo pódese escoitar na ligazón que se adxunta e descargalo desde a web de PontevedraViva Radio.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora