RADIO.- Pontevedra ten un puntazo: Un "speed dating" para conectar a mozos creativos con empresas do sector

Pontevedra
30 de maio 2018

Este xoves 31 de maio o proxecto Pontevedra ten un puntazo leva á Casa da Luz o Speed Dating 'A  Canteira' vs Puntazo. A concelleira Anabel Gulías e Oswaldo García Crespo cóntannos en PontevedraViva Radio esta proposta

Anabel Gulías no Puntazo de PontevedraViva Radio
Anabel Gulías no Puntazo de PontevedraViva Radio / Mónica Patxot

O "speed dating" é unha fórmula que se utiliza para que dúas persoas se coñezan persoalmente nun breve lapso de tempo. Este método é o que se vai a empregar este xoves 31 de maio, a partir das 20 horas na Casa da Luz entre mozos creativos e empresas do sector. Unha proposta que se inclúe entre as iniciativas que leva a cabo o proxecto municipal Pontevedra ten un puntazo.

En PontevedraViva Radio a concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías e o Doutor en Comunicación Audiovisual Oswaldo García Crespo, explican como se foi desenvolvendo previamente a actividade.

Desde o Concello traballouse en colaboración coa Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, a Vicerreitoría do campus de Pontevedra e o Consello Social da Universidade de Vigo: "foi unha decisión meditada. Nós aspiramos a que todas as persoas que se deciden a estudar en Pontevedra no ámbito creativo, poidan atopar un gancho coas empresas do sector e poidan traballar na cidade e xerar economía", explica Anabel.

'A Canteira' é unha web onde os alumnos soben os seus traballos. "Traballos que teñen o valor de identificación dun talento; que quizá non se poden cualificar de profesional pero teñen unha frescura especial. Por iso consideramos importante contactar empresas con estes alumnos", sinala Oswaldo que se encargou de tutelar un curso cos alumnos da Facultade en novos medios e comunicación dixital "tratando de aproximar o traballo de Ciencias Sociais co Puntazo.

Desenvólvese con gran interese para ter unha visión máis próxima de como funcionan estas empresas e aproximalas".