RADIO.- PontevedraViva Radio adica espazo propio á música tradicional e ao folk galego

Pontevedra
12 de marzo 2018

PontevedraViva Radio comeza a difusión do programa Rumboia, producido pola Asociación de Gaiter@s Galeg@os

Rumboia está producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s
Rumboia está producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s

PontevedraViva Radio comeza este martes 13 de marzo a emisión do programa Rumboia. Trátase dun espazo que produce a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s e que divulga a música tradicional e o folk galego.

O colectivo representa a todas as persoas que tocan, cantan, bailan e senten a nosa música tradicional.

Nos sucesivos programas de Rumboia preséntanse novos traballos discográficos, lémbrase a grupos e solistas "que contribuíron coas súas músicas para crear ese importantísimo patrimonio que xa forma parte da nosa identidade como pobo". 

Rumboia emitirase os martes ás 20.00 horas en streaming e terá redifusión os mércores ás 15.00 horas.

Como o resto de programas de PontevedraViva Radio, o podcast de cada emisión estará dispoñible na web para escoitar en calquera momento.