RADIO.- Preguntamos no Recinto Feiral, con que disposición e ánimo se vacinan?

Pontevedra
27 de abril 2021

Están na franxa de idade que, xunto aos maiores de 80 anos, máis temeron as peores consecuencias sanitarias desta pandemia. En PontevedraViva Radio achegámonos ata o Recinto Feiral de Pontevedra, onde na última semana a poboación de 70 a 75 anos era citada para a súa primeira dose de vacinación

Vacunación masiva no Recinto Feiral de Pontevedra
Vacunación masiva no Recinto Feiral de Pontevedra / Mónica Patxot

Con que disposición se vacinan e con que ánimo saen tras recibir a primeira dose asignada? É a pregunta que expomos en PontevedraViva Radio a decenas de persoas que na última semana achegáronse ata o Recinto Feiral de Pontevedra.

Pertencen á franxa de poboación entre os 70 e os 75 anos de idade. Desde esta xeración en diante son quen máis temeron as peores consecuencias sanitarias desta pandemia. Eses temores, restricións, cambios de hábitos ou perdas que veñen acumulando desde fai trece meses tradúcense ante o micrófono nunha disposición practicamente unánime: ganas por recibir a súa vacina.

 "Veño con todas as ganas, saio con máis tranquilidade e preparada para a segunda dose"; "se non podemos á nosa idade, agora xubilados, saír a tomar un café ou a unha merenda cos amigos xa me dirás!, así que o que faga falta, ánimo!"; "teño medo ao virus á vacina non"; "viña con moitas ganas, estaba a desexala porque isto é unha vida que non leva ben. Levamos un ano sen vivir", din.

De todas as persoas preguntadas, dous testemuños foron diferentes: nun caso acudía sen convencemento "pero hai que facelo por unha e polos demais" e no outro entraba "con ganas ningunha" pero saíu "satisfeita e con máis confianza".

Con esa tónica xeral de disposición favorable que atopamos, si había disparidade entre quen preguntou e quen non sobre que vacúa estábanlles inoculando. Podes escoitar todos os testemuños no podcast de 'Mentres isto dure' que achegamos a esta información.