RADIO.- Que non me chamen máis, cona!

Pontevedra
15 de decembro 2016

Cara a cara de PontevedraViva Radio ocúpase esta semana dos sufridos usuarios que a diario responden o teléfono a esas chamadas comerciais que che chegan, sen que saibas, moitas veces, como obtiveron os teus números.

Cara a Cara en PontevedraViva Radio
Cara a Cara en PontevedraViva Radio / Mónica Patxot

Soa o teléfono, dá igual facilitases o número ou non. Quizá salta un contestador, quizá alén un operador que trata de venderche unhas condicións expectaculares de solicitude de crédito, un seguro, un paquete de telefonía móbil, fixa,... A pesar de que insistes que non che interesa, eles seguen chamando a diario.

Es dos que estoicamente deixa soar o teléfono unha vez que identificaches eses números?, segues dando un non por resposta?, ou un día desatas a caixa dos tronos e acórdasche de toda a familia do operador ou a operadora?

Vas sentir identificado neste Cara a Cara de PontevedraViva Radio. A avogada Rosa Rodríguez, da Asociación de Consumidores de Pontevedra, apunta ata que punto ampara a reforma normativa en defensa dos consumidores de 2014. Isto é, máis ben nada. Uns límites horarios nos que non poden chamar, ou tomarse o traballo de contactar coa Axencia Española de Protección de Datos para "salvagardar" esa intimidade.