RADIO.- Rafael Domínguez, o traumatólogo pontevedrés que gañou ao tenis a Adolfo Suárez

Pontevedra
27 de abril 2017

Polas mans deste traumatólogo pontevedrés, con xenética médica, pasaron máis de quince mil xeonllos. Neste Cara a cara de PontevedraViva Radio, ademais de falar do seu exercicio profesional, lembra unha experiencia persoal cuxo final nunca poderá relatarse. O desquite que o entón presidente do Goberno Adolfo Suárez reclamoulle ao tenis, despois de que Rafael lle gañase un partido na residencia estival dos Domínguez Vaz

O entón presidente do Goberno, Adolfo Suárez, co traumatólogo Rafael Domínguez
O entón presidente do Goberno, Adolfo Suárez, co traumatólogo Rafael Domínguez

É sabido que o primeiro presidente da democracia española, Adolfo Suárez, pasaba tempadas estivais na Atlántida no Grove. Quizá non tanto, que a Suárez non lle acababa de convencer a pista de tenis e que por iso, probou a xogar na residencia de verán dos Domínguez Vaz. O mozo traumatólogo Rafael, retoulle a un partido que gañou o "tenista local" por 6-2, 6-3. O presidente instoulle a un desquite en Moncloa. E todo estaba listo para reiniciar os marcadores. Por que ese partido nunca se puido xogar? Nárrallo o protagonista a Anxo Lourido neste Cara a cara de PontevedraViva Radio.

Unha entrevista con motivo do seu regreso ao exercicio da Mediciña, e concretamente á Traumatoloxía no Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez. Definilo como pioneiro das artroscopias en Galicia, non é máis que constatar uns feitos. E se se constatan cifras, máis que quince mil xeonllos - con permiso dos pacientes -, pasaron pola súa consulta. Aos que pasarán, pregunten, non hai por que quedar con dúbidas sobre unha doenza: informar detalladamente tamén é parte da chamada calidade asistencial. E esta, é unha das razóns da súa volta.