Tras o primeiro repaso histórico ao Festival de Eurovisión que El club de la esquina fixo, dedicando a emisión á etapa entre 1956 e 1979, Tino Domínguez completa o percorrido musical cun programa centrado entre 1980 e esta próxima LXVIII edición, cuxa final terá lugar o próximo 12 de maio en Lisboa.
Podes coñecer cales foron as cancións e países gañadores destes 38 últimos anos, así como os temas e artistas que neste período representaron a España. Unhas décadas na que España nunca conseguiu facerse co primeiro posto.
1980, o ano en que debutou no concurso Marrocos; 1988 ano no que unha descoñecida Céline Dion gañou o festival. Ata en sete ocasiones Irlanda saíu gañadora de Eurovisión, seis delas nas décadas nas que se centra este El club de la esquina de PontevedraViva Radio.
Son historias do certame que podes ir coñecendo durante estas algo máis de dúas horas de programa especial.