RADIO.- Si, a chegada do outono afecta emocionalmente e contámoscho no novo podcast 'A min tamén me pasa'

Pontevedra
26 de setembro 2022

O programa, que se engade á nova tempada de PontevedraViva Radio, está conducido polo psicólogo sanitario e sexólogo, Carlos Márquez Barros

'A min tamén me pasa' fala de comezo do outono e de volta ás obrigacións
'A min tamén me pasa' fala de comezo do outono e de volta ás obrigacións / Foto de Yuris Alhumaydy en Unsplash

Setembro é o mes no que se despide o verán e chega o outono. Un momento ao que os psicólogos lle prestan atención porque se pode producir o denominado trastorno afectivo estacional.

primeiro capítulo do novo podcast 'A min tamén me pasa' fala diso. Que sucede neste momento do ano, como nos podemos sentir, a que sinais emocionais debemos prestar atención, explícao o psicólogo sanitario e sexólogo, Carlos Márquez Barros, que conducirá estes programas.

É un mes ademais "iniciático" como di este profesional, de comezar cos cursos educativos, o fin das vacacións e reincorporacións aos traballos, empezar ou retomar actividades diversas... e todo isto, a readaptación, pode ter os seus efectos.

Así que tamén se inclúe nesta edición - que podes escoitar no reproductor que achegamos, ou escoitar e descargar visitando a web de PontevedraViva Radio -, porque "falando enténdese a mente".

Convidamos a que coñezas este novo podcast, que acaba de estrearse esta tempada e que tratará de forma distendida e amena cuestións de psicoloxía sanitaria e de sexología tendo en conta a perspectiva de xénero.

Ademais, se queres expor algunha dúbida ou tes interese nalgún tema concreto, podes enviar un correo electrónico a [email protected] co asunto: 'A min tamén me pasa'.