RADIO.- The Beatles e The Rolling Stones en "El club de la esquina"

Pontevedra
16 de febreiro 2018

Hai quen se define "de The Beatles" e hai quen se define "de The Rollings". O músico e xornalista Tino Domínguez é moi fan dos Beatles, pero non renuncia aos Rolling Stones. Nótase neste terceiro programa do club da esquina en PontevedraViva Radio

Tino Domínguez presenta "El club de la esquina" en PontevedraViva Radio
Tino Domínguez presenta "El club de la esquina" en PontevedraViva Radio / PontevedraViva

Para que elixir se se poden escoitar ambos? Así que en "El club de la esquina" de PontevedraViva Radio, Tino Domínguez fai unha selección de temas de The Rolling Stones e The Beatles, e uns minutos para a banda tributo dos de Liverpool, Black Stones.

O xornalista pontevedrés segue profundando na música internacional dos 60 e 70 con Johnny Cash, The Hollies, Rare Earth, Nicolette Larson e Lorrie Morgan xunto aos Beach Boys.

Do pop nacional dos 60 extrae unha selección de Los Ángeles, Los Pasos e Los Puntos. Ademais, dos 80 recupera a The Pretenders coa versión dunha composición de Bob Dylan e a soada "I got you babe"de UB40 con Chrissie Hynde