RADIO.- Valentín García Bóveda: "Debería ser o Día dos Mártires Galegos e conmemorar todo aquelo que construíron"

Pontevedra
16 de agosto 2018

O vicepresidente da Fundación Alexandre Bóveda, Valentín García Bóveda, fala no Cara a Cara de PontevedraViva Radio da sinalada data do 17 de agosto como Día dos Mártires Galegos

Valentín García Bóveda no Cara a cara de PontevedraViva Radio PontevedraViva

O 17 de agosto sinálase como Día de Galiza Mártir; data en que fusilaron a Alexandre Bóveda. O seu neto e vicepresidente da Fundación Alexandre Bóveda, Valentín García Bóveda, reivindica con todo en  PontevedraViva Radio que a denominación debería ser Día dos  Mártires  Galegos, para divulgar e evidenciar o legado inmaterial que deixaron moitos homes e mulleres como Bóveda.

Esta próxima conmemoración contará con actos institucionais, políticos, relixiosos e civís que se desenvolverán, no caso desta provincia, en Pontevedra e Poio, onde ademais a xornada do venres é festivo local. Esta circunstancia é así xa que a Corporación de Poio asumiu a petición da Fundación instando aos  concellos galegos a que sexa unha xornada inhábil laboralmente, como é por exemplo o Día dás Letras  Galegas.

Valentín García Bóveda, lembra todos eses actos previstos para este ano e no que se homenaxea a Xosé  María López de  Guereñu, que acudirá á homenaxe prevista na Caeira. Como neto do político e intelectual fusilado, comenta igualmente neste Cara a cara con que sentimentos vive a familia esa fatídica data.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora