RADIO.- Victoria Aldea responde as dúbidas que poden xurdir ante a gripe e a vacinación

Pontevedra
06 de outubro 2020

A partir do día 13 a poboación pode vacinarse contra a gripe. En PontevedraViva Radio trasladamos dúbidas que os cidadáns poden ter como: é posible unha coinfección COVID-19 e gripe?, como diferenciar síntomas?, haberá prioridade para vacinarse?, se non se é grupo de risco será posible vacinarse?...

Victoria Aldea Míguez, responsable de vacinas na Xefatura Territorial de Sanidade en Pontevedra
Victoria Aldea Míguez, responsable de vacinas na Xefatura Territorial de Sanidade en Pontevedra / Mónica Patxot

Desde o 13 de outubro a poboación de risco xa pode comezar a solicitar a súa vacinación contra a gripe. Unha campaña que se iniciou entre o persoal sanitario. Charlamos en PontevedraViva Radio con Victoria Aldea Míguez, responsable de vacinas na Xefatura Territorial de Sanidade, en Pontevedra.

A final de febreiro a OMS xa anunciou a composición das vacinas da gripe para este 2020, é alleo ese anuncio a todo o acontecido sanitariamente desde entón? e ten relación con esta pandemia o feito de que esa composición teña cambios considerables respecto a a vacina das últimas campañas?

Os grupos de risco, os que deben vacinarse, engaden esta campaña a varios colectivos máis da poboación que detalla Victoria Aldea no programa Mentres isto dure (que se adxunta a esta información).

Responde a cuestións que se pode plantexar a cidadanía neste momento: é posible unha coinfección COVID-19 e gripe?, como diferenciar síntomas dunha e outra?, van priorizar a determinados grupos de poboación para vacinarse?, se non se é grupo de risco e quérese a vacina, será posible vacinarse?, é recomendable vacinarse canto antes ou non?.