Rafa Domínguez: "A partir de ahora nadie puede decir que ENCE está ahí ilegal"

Pontevedra
01 de marzo 2022

Para o portavoz municipal do PP, a decisión do Tribunal Supremo de admitir a trámite o recurso de casación presentado por Ence á sentenza da Audiencia Nacional que anulou a prórroga para a súa fábrica de Pontevedra "es un paso importante pero no definitivo". Rafa Domínguez, tras mostrar a súa "satisfacción" por esta decisión, avogou por ser "muy prudentes"

Rafa Domínguez, portavoz do PP de Pontevedra
Rafa Domínguez, portavoz do PP de Pontevedra / Mónica Patxot

Para o portavoz municipal do PP, a decisión do Tribunal Supremo de admitir a trámite o recurso de casación presentado por Ence á sentenza da Audiencia Nacional que anulou a prórroga para a súa fábrica de Pontevedra "es un paso importante pero no definitivo".

Rafa Domínguez, tras mostrar a súa "satisfacción" por esta decisión, avogou por ser "muy prudentes", pero entende que esta noticia "abre una puerta de esperanza" para os traballadores da factoría pasteira de Lourizán.

"Desde luego a partir de ahora nadie puede decir que la fábrica está ahí ilegal", sostén Domínguez, que apela a que esta resolución do Supremo "da viabilidad" a que a súa localización sexa legal "porque hay un recurso que está vigente".

O líder dos populares pontevedreses ve como un "factor positivo" que o auto do alto tribunal cite como elementos a valorar tanto un caso similar en Murcia como o "interés general" que supón os empregos que xera Ence.

Reitera que esta decisión é unha "esperanza" para uns traballadores que están a se enfrontar a un "futuro incierto" pola inseguridade xurídica que atravesa este complexo industrial.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora
Arquivado en