Rafa Domínguez conclúe a distribución de funcións entre os concelleiros do PP

Pontevedra
12 de xuño 2019

Tras anunciar as funcións que asumirán os nove concelleiros do Partido Popular no Concello de Pontevedra durante os próximos anos, "desde xa nos poñemos a traballar para defender os intereses dos nosos veciños", sinalou o líder dos populares

Pepa Pardo, Gulliermo Juncal, Martín Martínez, Pablo Fernández e Ana Isabel Vázquez
Pepa Pardo, Gulliermo Juncal, Martín Martínez, Pablo Fernández e Ana Isabel Vázquez / Mónica Patxot

Rafa Domínguez concluíu este mércores a distribución de funcións entre os concelleiros populares para este mandato 2019 - 2023 anunciando as áreas que asumirán Pablo Fernández, Silvia Junco e Martín Martínez.

"Tres perfiles moi comprometidos, cargados de ilusión e que sen dúbida traballarán intensamente por defender os intereses de Pontevedra e dos seus veciños", sinalou o portavoz popular.

Así, o seu número 3, Pablo Fernández, encargarase das áreas de Urbanismo e Ordenación do Territorio; e de Mobilidade, Infraestruturas, Obras e Servizos.

Pola súa banda, Silvia Junco ocuparase das áreas de Benestar Social, Igualdade e Turismo e por último, Martín Martínez asumirá as áreas de Medio Rural e de Medio Ambiente.

Tras anunciar as funcións que asumirán os nove concelleiros do Partido Popular no Concello de Pontevedra durante os próximos anos, "desde xa nos poñemos a traballar para defender os intereses dos nosos veciños", sinalou o líder dos populares.