Rafa Domínguez contacta co tecido asociativo para agradecer o seu traballo durante a crise

Pontevedra
04 de xuño 2020

O líder da oposición lembrou a estas entidades que teñen axudas económicas da Xunta á súa disposición para adaptar as súas instalacións e superar as dificultades económicas derivadas da pandemia do coronavirus

Encontro telemático dos concelleiros do PP de Pontevedra Rafa Domínguez e Silvia Junco coas entidades sociais do municipio
Encontro telemático dos concelleiros do PP de Pontevedra Rafa Domínguez e Silvia Junco coas entidades sociais do municipio / PP de Pontevedra

Poñer en valor o labor das asociacións dedicadas ao coidado de persoas con algún tipo de diversidade funcional ou en risco de exclusión social durante a crise do coronavirus. Esa foi a razón do encontro telemático mantido este xoves do presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, e a edila responsable da área de Benestar Social da formación, Silvia Xunco; con representantes das entidades Xoán XXIII, Amencer e Xuntos.

"O voso labor é e será imprescindible. Fixestes un esforzo sobrehumano para que tratar que un gran número de usuarios vísense o menos afectados posible”, remarcou o líder da oposición.

A pesar do avance nos plans de desescalada e o paulatino regreso á normalidade, Domínguez quixo facer un chamamento á prudencia "ante a posibilidade de que poida haber rebrotes á hora da reapertura destes centros”. É por iso que remarcou a importancia de seguir o protocolo elaborado pola Xunta para adaptar as instalacións "xa que é fundamental que a saúde de todos siga sendo primordial”.

O popular lembrou que para as familias "existen os bonos coidado extraordinarios de 500 euros ao mes, para as persoas maiores ou con discapacidade usuarias de centros de día ou ocupacionais". Mentres que as entidades que prestan estes servizos teñen á súa disposición axudas económicas para resistir nestes meses e adaptarse ás novas esixencias fixadas nos protocolos.