Rafa Domínguez cuestiona a calidade das últimas obras de saneamento

Pontevedra
27 de febreiro 2021

O presidente dos populares de Pontevedra refiriuse ao pozo de conexión do colector do Gafos e criticou que se atope desbordado desde hai semanas

Rafa Domínguez, portavoz do grupo municipal do PP
Rafa Domínguez, portavoz do grupo municipal do PP / Mónica Patxot

O presidente do PP local Rafa Domínguez criticou as últimas obras relacionadas co saneamento da cidade e, en concreto, lamentou o estado do pozo de entroncamento do colector do Gafos que, segundo denuncia, atópase desbordado desde hai semanas.

"A calidade das últimas actuacións é moi cuestionable", afirma o concelleiro popular e pon en dúbida o "suposto compromiso ambiental" do goberno encabezado por Fernández Lores. Asegura que a existencia de verteduras contaminantes en zonas onde o Concello realizou obras recentemente mostra que a calidade deses traballos non foi óptimo.

Por este motivo, reclama ao goberno local que teña "moito máis coidado" e que actúe dunha forma "máis contundente e lóxica na realización das obras de saneamento no rural". Piden maior esforzo por parte do Concello para eliminar verteduras nas parroquias.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora