Rafa Domínguez, presidente do Partido Popular de Pontevedra, reclama ao goberno local información relacionada coa ausencia de iluminación pública que, segundo denuncian, percíbese en diferentes puntos da cidade.
A través de dúas denuncias veciñais ten constancia de que se rexistra esta situación tamén nos barrios e nalgunhas parroquias, ademais do centro da cidade.
Domínguez afirma que "recibimos continuamente queixas, desde diferentes puntos do municipio, advertíndonos que as luces nas súas zonas están apagadas. Nestes momentos, nos que as horas de luz redúcense e cae tan pronto a noite non podemos entender nin coñecemos o motivo polo cal o señor Lores apague selectivamente as luces", indica o representante popular.
Pide a Lores que explique se esta falta de iluminación débese ao aforro de diñeiro ou por falta de mantemento. O PP convida o goberno local en recortar gastos noutras partidas innecesarias e reclama unha mellora lumínica: "o que non pode ser é que Pontevedra estea ás escuras".