Rafa Domínguez, en Oviedo: "Hai alternativas para ter unha cidade máis limpa"

Pontevedra
20 de setembro 2019

Ata Oviedo desprazáronse Rafa Domínguez e outros tres concelleiros do PP para analizar como é o sistema de recollida de lixo e limpeza viaria da cidade que, segundo a Organización de Consumidores e Usuario (OCU) é a cidade máis limpa de España

Visita de Rafa Domínguez e varios edís do PP a Oviedo
Visita de Rafa Domínguez e varios edís do PP a Oviedo / Partido Popular de Pontevedra

Ata Oviedo desprazáronse Rafa Domínguez e outros tres concelleiros do PP para analizar como é o sistema de recollida de lixo e limpeza viaria da cidade que, segundo a Organización de Consumidores e Usuario (OCU) é a cidade máis limpa de España.

"Comprobamos como hai alternativas para ter unha cidade máis limpa", explicou Domínguez que, acompañado polos edís Silvia Junco, Guille Juncal e Pablo Fernández, comprobou in situ como funciona un modelo que considera "exportable" a Pontevedra.

O Partido Popular tomará como base este sistema para tratar de implementalo en Pontevedra o máis axiña posible. "É un modelo recoñecido e con ampla aceptación social", apunta o líder popular, que lembra máis do 90% da sociedade ovetense recicla e móstrase "moi satisfeita" coa limpeza da súa cidade

Nas súas últimas horas en Oviedo os representantes do PP pontevedrés supervisaron, xunto ao edil Gerardo Antuña, responsable deste servizo, o dispositivo especial de limpeza despregado con motivo das festas de San Mateo.

Ademais, comprobaron como é a recollida de lixo porta por porta, a separación por clases destes residuos nun dos camións de recolección ou as técnicas de baldeado e limpeza de viais cos vehículos que se utilizan en Oviedo.

Tras esta experiencia, Rafa Domínguez cre que existe "necesidade urxente" de incrementar en Pontevedra, entre outros, a frecuencia na recollida de lixo e en zonas especialmente sensibles, diferenciando as clases de lixo con cubos de diferentes cores. Ademais, esperan que os camións de lixo non realicen o seu traballo durante as horas do día.

A visita do PP a Oviedo incluíu tamén, entre outras actividades, un encontro co alcalde da localidade, Alfredo Canteli, e unha reunión de traballo cos responsables do servizo de recollida de lixo.

"Dá gusto ver como está de limpo Oviedo cun sistema que é a metade de caro que o de Pontevedra", concluíu Rafa Domínguez.