Rafa Domínguez fixa "cinco líneas maestras" para apoiar o orzamento municipal de 2019

Pontevedra
05 de novembro 2018

O Partido Popular ten claras as "cinco lineas maestras" que consideran "fundamentales" para un hipotético apoio ao orzamento de 2019, cuxo borrador ultima estes días o goberno municipal. Non son, segundo o seu portavoz, "líneas rojas", xa que segundo Rafa Domínguez "todo es discutible y negociable"

Rafael Domínguez
Rafael Domínguez / Mónica Patxot

O Partido Popular ten claras as "cinco lineas maestras" que consideran "fundamentales" para un hipotético apoio ao orzamento de 2019, cuxo borrador ultima estes días o goberno municipal. Non son, segundo o seu portavoz, "líneas rojas", xa que segundo Rafa Domínguez "todo es discutible y negociable".

O líder dos populares asegura estar "dispuesto" a negociar co BNG os orzamentos, ao entender que poderían ser as contas coas que o PP tería que gobernar se gaña as próximas eleccións municipais.

Iso si, Domínguez teme que o documento sobre o que está a traballar o BNG de Lores "va a ser continuista" e cualificou os orzamentos municipais do BNG de "ciencia ficción".

O goberno local, o ano pasado, "sólo ejecutó el 40% de las inversiones previstas", o que segundo o portavoz do PP, quere dicir que "prometen obras pero no llegan a cumplir ni la mitad" e, ademais, piden créditos aos bancos "que luego no utiliza".

Entre as súas medidas, o candidato popular solicita unha partida de 300.000 euros para a adhesión de Pontevedra ao Plan de Transporte Metropolitano que impulsa a Xunta de Galicia e unha partida de 500.000 euros para a elaboración dun Plan Estratéxico de Emprego.

Ademais, considera necesario destinar polo menos 300.000 euros para a elaboración do novo PXOM, un plan de actuacións urxentes no rural dotado duns 500.000 euros e unha baixada "significativa" de impostos, para a que suxire unha redución do 10% no IBI e a viñeta, algo que sería "asumible y aceptable".