Rafa Domínguez pide a Lores "máis humildade e menos soberbia" para negociar cos funcionarios

Pontevedra
12 de setembro 2018

O portavoz do Partido Popular en Pontevedra, Rafa Domínguez, lamentou que o alcalde "se está escondendo" para evitar afrontar o problema cos funcionarios municipais, que reclaman negociar as súas condicións laborais

Reunión de Rafa Domínguez cos representantes sindicais do Concello
Reunión de Rafa Domínguez cos representantes sindicais do Concello /

O portavoz do Partido Popular en Pontevedra, Rafa Domínguez, lamentou que o alcalde "se está escondendo" para evitar afrontar o problema cos funcionarios municipais, que reclaman negociar as súas condicións laborais.

Tras unha reunión con representantes das cinco forzas sindicais con representación no Concello, Domínguez reclamou a Miguel Anxo Fernández Lores que teña "máis humildade e menos soberbia" para atender as reivindicacións dos funcionarios.

"Cando hai conflitos noutras administracións, Lores é o primeiro en reclamar que se lles poña solución con urxencia, pero non segue o mesmo consello cando isto ocorre en casa", destaco Rafa Domínguez, que lamenta que este asunto leve enquistado meses sen que buscase unha solución.

Rafa Domínguez asegurou que "se eu fora alcalde esta situación non chegaría ata este punto", ao entender que con diálogo "se pode chegar a un entendemento".