Rafa Domínguez reúnese cos afectados polas expropiacións do "Gran Montecelo"

Pontevedra
08 de agosto 2019

Na cita, os veciños fixeron chegar as súas queixas e as súas suxerencias a Domínguez, quen se comprometeu a manter unha vía de comunicación continua coa veciñanza

Rafa Domínguez cos afectados polas expropiacións do "Gran Montecelo"
Rafa Domínguez cos afectados polas expropiacións do "Gran Montecelo" / PP de Pontevedra

O portavoz do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, mantivo unha reunión este xoves cos afectados polas expropiacións do "Gran Montecelo".

Na cita, os veciños fixeron chegar as súas queixas e as súas suxerencias a Domínguez, quen se comprometeu a manter unha vía de comunicación continua coa veciñanza.

O edil popular amosou a súa intención de trasladar as demandas veciñais á Xunta de Galicia. 

A reunión emprázase dentro da habitual rolda de contactos que mantén Rafa Domínguez coas diferentes asociacións e colectivos de Pontevedra.