Raíña Vitoria e Alameda péchanse ao tráfico para a instalación das atraccións da Peregrina

Pontevedra
07 de agosto 2017

A Policía Local pechará ao tráfico estas dúas rúas a partir das 23.00 horas deste luns 7 de agosto. Recomendan a utilización do tramo da AP-9 para trasladarse de norte a sur da cidade

Rúa Raíña Vitoria
Rúa Raíña Vitoria / PontevedraViva

Ás 23.00 horas deste luns 7 de agosto pecharase ao tráfico as rúas Reina Vitoria e Alameda. O peche vén provocado pola instalación, a partir deste martes, das distintas atraccións e barracas das festas da Semana Grande da Peregrina. 

Manuel Omil, portavoz da Policía Local, sinalaba que é posible que durante este martes poidan rexistrarse retencións debido á confusión natural que se produce co corte destas rúas todos os anos. Tamén se investirá o sentido de circulación na rúa Xeneral Martitegui co obxectivo de dar servizo aos residentes.

Recomendan usar a AP-9 como zona de conexión entre o norte e o sur da cidade. As principais complicacións de tráfico espéranse ao redor do mediodía durante estas semanas, sobre todo cando os vehículos se despracen cara ás praias.

Segundo o portavoz da Policía Local non se reabrirá o tráfico ata que se desmonten as atraccións, tres días despois de que conclúan as festas.