Rajoy pasará o Nadal en Pontevedra

Pontevedra
17 de decembro 2013

O presidente do Goberno, Mariano Rajoy, felicitará o Nadal aos militares españois o próximo 24 de decembro durante a visita que realizará a Escola Naval Militar de Marín

O presidente do Goberno, Mariano Rajoy, felicitará o Nadal aos militares españois o próximo 24 de decembro dende a Escola Naval Militar de Marín.

Así o confirmou este martes o propio Rajoy nunha conversación informal con xornalistas durante un acto no Pazo da Moncloa con motivo do Nadal, tras o cal explicou que ten previsto pasar estas festas xunto á súa familia en Galicia.

O luns viaxará ata Pontevedra, se ben non confirmou aínda se se aloxará no seu piso da cidade do Lérez. A súa cuadrilla de amigos espera que este ano si poida celebrarse a "cea dos capóns". Unha tradición que se remonta a 1978 e que congrega o presidente Mariano Rajoy cos seus amigos máis íntimos nun reservado do Hotel Rías Bajas para degustar uns capóns de Vilalba.