O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu este luns no Pazo provincial ao expresidente do Goberno e da Deputación, Mariano Rajoy.
O titular do goberno provincial acompañou o expresidente nunha visita polas distintas estancias do Pazo provincial, na que conversaron con membros do goberno.
Así mesmo, López e Rajoy visitaron a Sala de Comisións, onde se atopan retratos dos presidentes da Deputación ao longo dos seus 188 anos de historia agás os dous últimos titulares da institución: Rafael Louzán e Carmela Silva.
Mariano Rajoy foi presidente da Deputación Provincial de Pontevedra entre os anos 1983 e 1986, para exercer logo como deputado no Congreso e despois, a finais do 1986, como vicepresidente da Xunta.
Entre 1996 e 2004 dirixiu ministerios como o de Administracións Públicas, Educación y Cultura, Presidencia ou Interior, tamén foi vicepresidente e voceiro do Goberno. Entre 2011 e 2018, foi presidente do Goberno.