A edición número 45 da Festa do Viño de Barro vai a render homenaxe a unha persoa moi querida na vila. Ramón Ballesteros, un enfermeiro que exerceu no centro de saúde da localidade durante 26 anos. Xa xubilado mantén un forte vínculo con toda a veciñanza.
El será o pregoeiro da festa deste ano, segundo desvelou o alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes. O evento celebrarase entre os días 13 e 16 de xuño.
O rexedor agradeceulle a Ramón Ballesteros que aceptara a súa proposta de dar o pregón nas festas da localidade, pois con este xesto Barro quere agradecerlle o seu bo traballo e a súa dedicación desempeñando un servizo tan importante durante tantos anos.
Fernández Abraldez indicou que "para nós era moi importante facerlle saber a Ramón Ballesteros que deixou unha pegada moi importante entre a veciñanza de Barro e que o seu traballo foi valorado moi positivamente".
Ademais, destacou que este pregón servirá de homenaxe a todos os profesionais da sanidade "que se esforzan día a día pola saúde da cidadanía" e que o fan moitas veces, engadiu o alcalde, "en condicións que non son precisamente as mellores".